Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela valora positivamente a súa actividade como grupo municipal

NOTA DE PRENSA
O PP incrementará o ritmo do actual esquema de traballo hasta as eleccións municipais.

Valoran positivamente a actividade do partido e do grupo municipal.

Critican a falta de traballo e o despilfarro do “desgoberno dos perdedores”.

Os afiliados do Partido Popular de Burela que participaron na asamblea celebrada no día de onte, valoraron positivamente o traballo que se está facendo tanto desde o partido como desde o grupo municipal. Os asistentes consideran que a celebración de reunións con veciños e asociacións, para explicar a actividade do concello e recoller suxerencias, permitirá que a mensaxe do partido chegue cada vez a máis xente, xunto coa distribución do traballo dos propios afiliados por barrios.

No que se refire ó grupo municipal, os populares lembraron que veñen presentando unha media de tres mocións en cada pleno, e entre seis e dez preguntas sobre asuntos da vida cotiá, que veñen a demostrar que “o desgoberno de quenes non foron capaces a gañar por si solos as eleccións está instalado no concello desde o ano 2007, e non tén perspectivas de millorar; máis ben ó contrario, percíbese que as cousas poden ir a peor”.

Para os populares, que acordaron manter e mesmo incrementar o actual ritmo de traballo de cara ó ano 2010 e en todo caso hasta as eleccións municipais de 2011, para as que quedan dezasete meses, a ausencia de proxectos que xeneren ilusión na cidadanía, o incremento do despilfarro, e a escasa ou nula querencia polo traballo son o triste resume do labor do bipatito burelés, basado máis en decir a todo que sí, pasar a man polo lombo, pero non solucionar ningún problema, senón crealos. A presencia de cidadáns no concello para falar co alcalde ou coa alcaldesa, que entre eles rivalizan para ver quen manda máis, é cada vez máis escasa, porque se xenerou un clima de inseguridade entre os propios cidadáns.

Por eso, e para evitar a paralización da vida municipal, que queda reducida ás obras do Plano E de Zapatero, o PP burelés poñerá en marcha á volta das Navidades unha comisión creada por tres persoas para facer un seguemento diario do bipartito. E eso porque a día de hoxe, os cidadáns de Burela ainda non coñecen cal é o balance que fai o bipatito do cumplimento do seu “pacto para sacar do concello á lista máis votada”, e mesmo se descoñecen as grandes liñas de actuación que o propio bipartito seguirá hasta Maio de 2011.

Finalmente, o PP burelés lamenta que o bipartito, tanto o alcalde coma o Bloque, busquen o enfrontamento aberto coa Xunta día trais día, cando coa Xunta bipartita non foron capaces a xestionar nada para Burela e estaban calados, sendo cómplices de certos desaguisados, como o derroche de un millón de euros na Casa da Terceira Idade que trouxo consigo as protestas dos internos e do propio persoal.

Exit mobile version