NOTA DE PRENSA
Os populares pedirán que se arbitren medidas para evitar a presencia de cans en zonas verdes da Rúa do Río.
Lamentan que o concello non se implique na resolución do problema.
Os populares valoran positivamente a reunión mantida onte con veciños da zona da Casa da Xuventude.
O GMPP pediralle ó bipartito burelés que se arbitren medidas para evitar a presencia habitual de cans nas zonas verdes da Rúa do Río, dado que a situación de suciedade provocada pola presencia de defecacións destes animais é diaria e en ocasións abundante.
Esta foi unha das queixas máis reiterada que os veciños da zona da Casa da Xuventude lle expuxeron ós concelleiros do PP na reunión mantida onte pola tarde-noite, xoves, no Restaurante Os Remos. O PP burelés puido constatar que o bipartito non se implica na resolución deste problema, a pesares de haber unha ordenanza municipal ó respecto, e a pesares de que a concelleira de Medio Ambiente é dona de can, e polo tanto debería ser consecuente e poñer en práctica medidas inmediatas para evitar estas situacións que os veciños calificaron como “molestas”.
Os populares comprometéronse a trasladar unha iniciativa ó bigoberno burelés no vindeiro pleno ordinario que celebre a corporación, para que se arbitren as medidas oportunas e se logre conxugar os intereses dos veciños cos dos propietarios dos cans.
O PP valorou positivamente a reunión de onte, que se enmarca no traballo habitual do partido de estar en contacto coa xente e coñecer de primeira man as inquedanzas dos cidadáns. Ademais, os populares expuñeron a súa liña de traballo no concello, e valoraron negativamente a situación política municipal actual, xa que consideran que se está constatando que hai un bipartito formado por “perdedores”, que só os move estar no poder para evitar que goberne o PP, lista máis votada e partido maioritario na corporación, e que en todo caso se constata unha ausencia total de proxecto e de compromiso con Burela por parte do bipartito.