Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela reuniuse cos veciños do barrio dos Castros

NOTA DE PRENSA
O GMPP pide solucións para os apagóns do alumiado público.

Luis Pedre non quere vinculalos cos avisos que está enviando E.ON.

Os populares reuníronse onte martes con veciños da zona de Os Castros.

O GMPP de Burela mantivo onte, martes, unha reunión con veciñas e veciños da zona de Os Castros, para coñecer as súas demandas máis importantes e explicar o traballo que están a facer os concelleiros populares.

Entre outras cuestións, os veciños asistentes puxeron de manifesto o seu malestar cos reiterados apagóns que están sofrindo no alumiado público nas últimas semanas. O concelleiro popular Luis Pedre, que valorou mui positivamente a reunión cos veciños, asegurou que eses apagóns non se dan solamente en zonas de Os Castros, senón que se están dando noutras zonas concretas da vila, e pediulle ó concello que actúe inmediatamente para que esto non se volva a producir, porque “os veciños pagan os seus impostos e queren que os servicios públicos que presta o concello teñan un mínimo de calidade”.

Pedre, que non quixo vincular os apagóns coas cartas que E.On volveu a remitir ó Concello nestes días solicitando que se axilice o pago dos recibos pendientes e advertindo de posibles cortes de subministro, dixo comprender que poida haber apagóns por cuestións puntuais, obras, por exemplo, pero “se da a circunstancia que os que estamos a denunciar se dan con moita asiduidade, de forma mui reiterada e prolongada no tempo”.

Luis Pedre indicou que foron varias as peticións que formularon as veciñas e os veciños, e que nos próximos días trasladarán ó bipartito municipal para tentar de buscar solucións a eses problemas e demandas.

Exit mobile version