Site icon Crónica3.com A Mariña

Pideo o PP de Burela que se conteña o gasto e se paguen as facturas en prazo

NOTA DE PRENSA
O GMPP pide que se faiga un plano de austeridade e contención do gasto.

Os populares solicitan que as facturas se abonen nun prazo de catro meses.

Lamentan a falla de control político do bipartito sobre a economía municipal.

O GMPP de Burela vén de presentar unha moción para o seu debate no pleno que se celebrará o mércores na que solicita que o concello fixe un máximo temporal para o abono das facturas dos distintos proveedores e subministradores. Os populares entenden que un prazo razonable pode estar nos catro meses, sobre de todo para aqueles servicios que están concesionados e que os cidadáns abonan puntualmente, como a recollida e tratamento do lixo.

Ademais, solicitan na mesma moción que se elabore un plano de austeridade e de contención do gasto, que contemple unha serie de medidas para, dentro da precariedade orixinada pola baixada de ingresos, poder seguir mantendo un ritmo de investimentos, de atención ós gastos correntes derivados de servicios que presta o concello, pero de absoluta eliminación de todo aquelo que se refira a gasto superfluo, así como de contención dos gastos correntes derivados do propio funcionamento do concello e facendo unha rebaixa xeneralizada do capítulo de gastos diversos, auténtico caixón de sastre que o bipartito usa alegremente para o seu autobombo.

Para os populares, a situación económica do concello, que xa está apretada, corre peligro de empeorar se non existe control político sobre o gasto. Os populares advirten que para 2010, ano no que a situación de crise económica se vai prolongar, producirase unha baixada xeneralizada dos ingresos: baixará a aporrtación do Estado, reduciranse os ingresos propios do concello derivados da fiscalidade municipal por mor da contracción da construcción, e xa non contaremos cos setecentos mil euros do canon da auga, co que os presupostos do concello experimentarán un descenso máis que considerable.

De ahí que o GMPP pida un compromiso do bipartito burelés neses dous campos: contención do gasto e austeridade, pero compromiso no abono das facturas e obrigas que contrae o concello para axudar a que as empresas subministradoras non pasen por situacións críticas derivadas de retrasos de pago do concello.

Os populares consideran que a política económica do bipartito burelés está substentada no uso incontrolado, e “mui alegre”, dos cartos de todos os cidadáns, en definitiva, no despilfarro. Así podemos observar o retraso no pago de facturas por importe de cento vinte mil euros da Delegación de Cultura, os convenios cos clubes deportivos seguen se asinarse, e tampouco había fondos para as axudas dos corenta euros de principio de curso cando nós decíamos que non os había. Por riba, a CELTAPRIX debéselle todo o ano menos Xaneiro e a SOGAMA debénselle cen mil euros, co agravante que os cartos da recollida de lixo os cidadáns xa os temos pagados a través dos nosos recibos. E seguimos agardando a que o alcalde nos dé unha explicación sobre o paradeiro deses cartos que sairon dos bolsillos de todos os que pagamos o lixo, e que xa deberían estar nas contas das empresas que se encargan do mesmo, pero que, misteriosamente, quedaron polo camiño e ainda non sabemos que se fixo con eles.

Exit mobile version