Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP comunicoulle a sociedade deportiva Burela a adxudicación de un campo de fútbol artificial de A Marosa

NOTA DE PRENSA

Adxudicadas definitivamente as obras do campo de fútbol artificial.

O importe de adxudicación é  de noventa millóns de pesetas.

O PP burelés comunica a noticia á  S. D. Burela nunha reunión mantida hoxe.

O Partido Popular de Burela anuncioulle ós representantes da S. D. Burela que a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, vén de adxudicar definitivamente as obras de construcción do campo de fútbol artificial de A Marosa á empresa Calfersa en 544.000’00€, algo máis de noventa millóns das antigas pesetas.

As obras comenzarán tan pronto estean pechados todos os trámites administrativos.

O anuncio foi feito no transcurso dunha reunión de responsables do PP local con membros da Xunta Directiva da S. D. Burela, mantida hoxe, e que serviu para coñecer as necesidades máis importantes que tén o histórico clube burelés.

Asimismo, os responsables do PP anunciaron a súa disposición a colaborar coa S. D. Burela en todo aquelo que poida servir para millorar o traballo que se está a facer desde o clube. Os populares fixeron fincapé en que durante a súa etapa no goberno municipal, e sobre de todo nos tres últimos anos, o nivel de colaboración e implicación na mellora das instalacións foi constante.

Por outra banda, os representantes da S. D. Burela destacaron a precariedade económica pola que están pasando os clubes deportivos, e pedíronlle ó PP local que faiga xestións para que a mesma se poida minimizar. Nese senso, os responsables do PP indicaron que urxe que se axilicen as aportacións económicas das administracións, sobre de todo a do concello, e manifestaron a súa intención de solicitar que así sexa en todos aqueles ámbitos onde teñen representación.

A reunión foi valorada positivamente polo PP burelés, quedando programada unha próxima para o primeiro trimestre de 2010.

Exit mobile version