Recentemente entregaron en OSLO o premio Nobel da Paz. Premio que recaeu no actual presidente dos EE UU Barack Obama, que por certo aínda non leva un ano no cargo.
O premio Nobel da Paz entregase en Oslo anualmente, e con el trata de premiarse a persoa ou entidade que mais fixo en pos da Paz no ano anterior a súa entrega.
Este ano o premiado Barack Obama despertou sentimentos encontrados.
Por un lado están os que consideran acertada a concesión do premio ao Presidente Obama polo seu labor en aras de diminuír a tensión internacional cunha política de dialogo en consensos.
Por outro lado os que pensan que son escasos os seus méritos, sobre todo si se compara con anteriores premiados (Nelson Mandela, Martin Luther King, Teresa de Calcuta, etc). Ao mesmo tempo que consideran que só leva un ano no cargo e que aínda lle queda moito tempo de presidente. Tempo no que aínda pode tomar decisións que non se correspondan con un premio Nobel da Paz.
Eu respecto o pensar de uns e de outros. Pero preocúpame máis pensar que naide fixese máis que Obama en prol da Paz no derradeiro ano, porque si eso é así, moi pouco se fixo, e mal vamos cara a conquerir a Paz.