Site icon Crónica3.com A Mariña

O Museo do Mar de San Cibrao acolleu unha xornada literaria e musical da asociación de Escritores en Lingua Galega

CERVO .- O delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, participou este sábado, xunto cun bo número de veciños de San Cibrao (Cervo), na polafía “Historias Salgadas” que organizou a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) en colaboración coa Asociación MariñaPatrimonio nas instalacións do Museo do Mar. Esta xornada literaria e musical, duns 90 minutos de duración, contou coa colaboración do músico Antón Castro e dos escritores Isidro Novo, Xoán Neira e Paco Rivas. Tal e como salientou o nacionalista ao comezo da polafía, a Área de Cultura da Deputación apoia esta iniciativa ao considerar que xornadas coma esta poñen en valor e serven para recuperar unha parte tan importante do patrimonio cultural do país como é a literatura oral e a música tradicional galega.

Exit mobile version