Site icon Crónica3.com A Mariña

O Congreso dos Deputados debate unha iniciativa do BNG para que a VAC Barreiros-Ferrol estea rematada en 2013

Nota de Prensa

O CONGRESO DOS DEPUTADOS DEBATERÁ MAÑÁ UNHA INICIATIVA DO BNG PARA QUE A VAC BARREIROS-FERROL ESTEA REMATADA EN 2013

Madrid, 15 Decembro 09.- A Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados debaterá mañá, mércores 16 de decembro, unha proposición non de lei do BNG para que a Vía de Alta Capacidade Barreiros-Ferrol estea rematada no ano 2013.

En concreto, a iniciativa, que será defendida polo portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, insta ao Ministerio de Fomento a “acordar coa Xunta de Galiza un calendario concreto, acompañado das conseguintes dotacións orzamentarias, para que a Vía de Alta Capacidade Barreiros-Ferrol estea concluída no ano 2013”.

O deputado do BNG denuncia “o incumprimento dos prazos por parte das Administracións –Xunta de Galiza e Ministerio de Fomento- comprometidos nestas actuacións”, polo que considera que “é necesario un impulso inversor, así como a definición duns prazos que garantan a execución e a dotación dunhas partidas orzamentarias suficientes que o convertan nunha realidade”.

O debate da iniciativa do BNG na Comisión de Fomento está previsto a partir das 16:00 horas.

Exit mobile version