Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo dará en acollida máis cans

O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo anunciou que o Concello dará en acollida máis cans.  Horacio Cupeiro sinalou que “temos catro canciños pequenos, de raza pastor alemán, son catro hembras e si alguén está interesado en poder acollelas que saiban que están no momento no que empezan a comer e que sería unha boa ocasión para ofrecerlles un fogar”.  O único que teñen que facer é poñerse en contacto coa Delegación de Medio Ambiente de Ribadeo no teléfono 982 120 701 para realizar esta acollida.

Exit mobile version