Nestes días estanse levando a cabo obras na piscina municipal de Cervo, polo que é posible que a temperatura da auga sufra oscilacións, podendo estar un pouco máis fría do normal, pero sempre dentro das marxes establecidas por Sanidade. As obras redundarán en beneficio de todos os usuarios da Piscina polo que lles pedimos que desculpen as molestias que se lle poidan ocasionar.