BURELA .- No xélido pavillón de Castro de Riberas de Lea, a varios graos baixo cero, xogouse este domingo o partido sénior feminino Castro – Burela, que gañaron as visitantes por vinte puntos, (60 -80).
Xa no primeiro cuarto empezaron as mariñás máis entonadas e acadaron un parcial de 14 -19. No segundo cuarto as triplas conseguidas por Laura e Tania Blanco, fixeron que o Burela acadara unha diferencia de dez puntos, para chegar ao descanso 31- 41.
Nos dous últimos cuartos, a pesar das rotacións que introduciu no equipo, o adestrador que nesta ocasión era Fustes, pola ausencia de Manolo; seguiu a aumentar a diferenza, 45 -62 ao final do terceiro cuarto; rematando o partido co marcador sinalado de 60 – 80.
É de salientar a regularidade do equipo que ganou todos os cuartos, aumentando paulatinamente a diferenza. Agora a descansar ata despois do Nadal. Salientar a labor de Tania Blanco (23 puntos) e de Laura Chao (22), entre as dúas 45 puntos.
Xogaron e anotaron Raquel (2), Tania Blanco (23), Carmen (3), Laura Chao (22), Tania Paleo (6), Iria (2), Vicky (11), Lucía (11) e Carla.