Como xa é tradicional, dende hai doce anos, o día cinco de xaneiro o colectivo cervense agasallará os veciños e visitantes cunha nova peza teatral que están ensaiando a marchas forzadas debido ao intenso calendario de traballo que o 2009 lles deparou. Como novidade a representación da nova peza será no auditorio da Casa do Concello de Cervo, despois da Cabalgata dos Reis Magos. O título do novo traballo é “Quintana de vivos”,orixinal de Francisco Piñeiro.