Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG organiza en Barreiros a “I Xornadas sobre o nacionalismo galego onte e hoxe, a alternativa”

Nota de Prensa

BARREIROS SERÁ ESCENARIO O VINDEIRO LUNS DUNHA XORNADA NA QUE OS SEUS RESPONSABLES ANALIZARÁN O NACIONALISMO ONTE E HOXE, A ALTERNATIVA.

Barreiros, 5 de decembro de 2009. Barreiros será escenario o vindeiro luns 7 de decembro da xornada O nacionalismo onte e hoxe, a alternativa. Segundo explican os nacionalistas “a razón de ser das xornadas é achegar a historia do nacionalismo galego aos militantes e simpatizantes de Barreiros e que sirva como referencia para analizar a situación actual. O nome das xornadas reflicte precisamente esa intencionalidade: o nacionalismo galego hoxe non pode entenderse sen ter presente os feitos históricos que se deron na nosa nación protagonizados polo nacionalismo: as primeiras listas electorais en Barreiros; as loitas das Encrobas, Xove e Baldaio; a traída dos restos de Castelao; etc…”.

Desde o BNG engaden que “estes e outros feitos marcaron o decorrer do nacionalismo e tamén serven para facer unha análise da actualidade, por iso comezaremos esta xornada coa proxección destes documentais que serven como punto de partida para unha análise demorada do nacionalismo galego. Para isto contaremos coa presenza de Francisco Luis Rodríguez Guerreiro (histórico militante da comarca de A Mariña e membro do Consello Comarcal do BNG, que participou activamente na loita contra a central nuclear de Xove) e de Bieito Lobeira (parlamentario no Parlamento de Galiza e membro do Consello Nacional do BNG, que a pesares da súa mocidade é unha referencia do nacionalismo galego por ter tomado parte en numerosas loitas nacionais, foi Secretario Xeral de Galiza Nova e actualmente é o responsabel de lingua no Parlamento de Galiza). As súas intervencións, xunto coa de Antonio Veiga, permitirannos facer un percorrido polo nacionalismo galego ata os nosos días”.

I XORNADAS SOBRE O NACIONALISMO GALEGO ONTE E HOXE, A ALTERNATIVA.

PROGRAMA

Luns, 7 de Decembro de 2009 – A partir das 18 horas local do BNG de Barreiros

18 horas.- PROXECCIÓN DO VIDEO “O BNG DE BARREIROS EN IMAXES”

PRESENTACIÓN DAS XORNADAS: Belén  Fernández Soto. Responsábel do BNG de Barreiros.

18:30 horas.- PROXECCIÓN DO VIDEO “OS PORTAVOCES DO BNG EN BARREIROS”

“A ALTERNATIVA EN BARREIROS”. Intervención de Antonio Veiga Outeiro. Portavoz municipal do BNG de Barreiros.

19:15 horas.- PROXECCIÓN: “NA DEFENSA DA TERRA”

“A ALTERNATIVA NA MARIÑA”. Intervención de Francisco Luis Rodríguez Guerreiro. Membro do Consello Comarcal do BNG.

20:15 horas.-DESCANSO

20:45 horas.- PROXECCIÓN “A TRAÍDA DOS RESTOS DE CASTELAO”.

“A ALTERNATIVA EN GALIZA”. Intervención de Bieito Lobeira. Deputado do BNG no Parlamento Galego.

DEBATE

22 horas.- CEA NO RESTAURANTE “O BARRIL” (estrada da praia – Benquerencia)

Exit mobile version