Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG desconvoca a concentración prevista para o ao retornar Aminetou Haidar aos territorios ocupados ao Sahara

Nota de Prensa

O BNG da Mariña mostra a súa satisfacción polo retorno da activista polisaria Aminetou Haidar aos territorios ocupados ao Sahara

Os nacionalistas desconvocan a concentración prevista para o próximo luns aínda que manifestan que o conflito de fondo sigue vixente

A Mariña, 18 de decembro de 2009. O Bloque Nacionalista Galego da Mariña mostra a súa satisfacción polo retorno da activista polisaria, Aminetou Haidar, aos territorios ocupados do Sahara. Antonio Veiga, responsábel comarcal, celebrou a volta de Aminetou, “sendo consciente de que sen a mobilización social mantida nestas semanas non estariamos celebrando nada”, o nacionalista fixo especial fincapé nas numerosas concentracións de apoio celebradas en Galiza nestas semanas “demostrando o apoio á causa saharauí, compartida polo conxunto do pobo galego”.

Aminetou conseguiu volver situar o problema saharauí no cenario político internacional

Veiga destacou a valentía desta activista que foi quen de situar o conflito pola autodeterminación do Sahara en primeira liña de debate da política internacional, logrando importantísimos apoios internacionais e nomeadamente do pobo galego.

O problema da autodeterminación  do Sahara segue vixente e sen vías de solución a curto prazo

Aínda así, o responsábel comarcal do BNG mariñán, quixo lembrar que o problema saharauí segue vixente e sen solución despois de 30 anos da vergoñenta actuación do Estado Español con eses territorios e de que sistematicamente se incumpran as resolucións da ONU que obrigan á celebración dun referendo de autodeterminación, mentres a comunidade internacional mira cara outro lado.

Exit mobile version