Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro denuncia a inseguridade das obras que realiza o concello en Covas

NOTA DE PRENSA:
O BNG DE VIVEIRO DENUNCIA A INSEGURIDADE DAS OBRAS QUE REALIZA O CONCELLO EN COVAS

O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro quer facer público por medio deste comunicado a ausencia de medidas de seguridade, tanto para os peóns como para os propios traballadores, nas obras que se están a facer nas beirarrúas na parroquia de Covas.

“As condicións nas que se están a facer estas obras son lamentábeis. Os peóns teñen que circular pola calzada ao estar ocupadas as beirarrúas das marxes. Entendemos—dí o concelleiro nacionalista Xosé A. Goás Basanta—que isto non se debe permitir a nengunha empresa e máis a unha que fai obras contratada polo Concello”.

Constatamos tamén, que nas obras de limpeza e amaño dos viais pertencentes á Deputación de Lugo tampouco se cumpren as normas de seguridade e as máquinas traballan sen apoio de sinais que advirtan da presencia da maquinaria na estrada.

O BNG de Viveiro considera que a alcaldía debe tomar medidas para garantir que se cumpran as condicións de seguridade nestas obras polo que, de non mellorar as condicións nas que se están a facer presentará a correspondente denuncia onde corresponda.

Exit mobile version