Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro demanda máis apoio para a rede viaria do rural

NOTA DE PRENSA
O BNG DEMANDA MÁIS APOIO PARA A REDE VIARIA DO RURAL

O Bloque Nacionalista Galego considera que o Concello de Viveiro e a Deputación deben prestar máis atención aos viais das parroquias do rural. “ Agora coas obras do Plan E—dí o concelleiro nacionalista Xosé A. Goás Basanta—aínda é máis evidente esta situación. Calquer viciño pode comprobar como se están a renovar beirarrúas que non presentaban deterioración e se deixa no máis total abandono os viais do rural”.

O Concello de Viveiro non pode seguer mantendo esta situación xa que polos viais que unen as distintas parroquias coa Vila circulan moitos vehículos e nalgun punto as fochancas fan intransitábel algúns tramos. Mesmo nalgunhas parroquias, en Covas, por exemplo, renóvanse beirarrúas e a escasos metros destas obras pódese comprobar a deixadez máis absoluta.

Considera tamén o BNG que o tipo de pedra coa que se está a renovar as rúas do casco histórico non concorda coa tipoloxía da existente nas demáis rúas e prazas. O Goberno Municipal debería de explicar á veciñanza os motivos da elección deste tipo de pedra e tamén dar conta do destino das vellas pedras que serviron durante moitos anos como pavimento das principais rúas do casco histórico.

Compre que se preste urxentemente atención aos viais da zona rural e que se prioricen no futuro as vindeiras obras fuxindo de actuacións de cara a galería, e algunhas de dubidosa necesidade, para afrontar obras que beneficien ao maior número de veciños.

Exit mobile version