Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros asegura que o PP enganou a xente porque a Xunta esixe aos constructores que urbanicen zonas do Concello

Nota de Prensa

O BNG CONSIDERA QUE O TEMPO E OS FEITOS LLE DERON A RAZÓN, PORQUE A XUNTA ESIXE AOS CONSTRUCTORES QUE URBANICEN ZONAS DO CONCELLO DE BARREIROS. OS NACIONALISTAS CULPAN AO PP E A ALFONSO FUENTE DE TER ENGANADO Á XENTE.

Barreiros, 18 de decembro de 2009. O BNG considera que o tempo e os feitos lle deron a razón, porque a Xunta esixe aos constructores que urbanicen zonas do concello. Os nacionalistas consideran que non estaban equivocados nin tentaron enganar aos veciños.

Desde o BNG de Barreiros sinalan que “a Xunta está a decir agora o mesmo que decía o BNG hai dous anos. A Xunta esixe a consolidación de solo urbano mediante a execución dos servizos de saneamento, abastecemento de auga, beirarrúas…, polo tanto estalle a quitar a razón ao alcalde Alfonso Fuente, que deu licenzas con informes xurídicos desfavorables que lle advertían de que os solos para os que se concedían licenzas para a construcción de grandes bloques de apartamentos non contaban cos servizos preceptivos”.

Os nacionalistas manifestan que “si en Barreiros agora hai que consolidar o solo urbano, é porque non existía ese solo urbano consolidado. O BNG foi riguroso e decidido á hora de advertir disto. O PP de Barreiros e Alfonso Fuente enganaron intencionadamente á cidadanía, mentíndolle a cotío. A situación á que a incompetencia de Alfonso Fuente conducíu ao noso concello non parece ter fácil solución a curto prazo, sobre todo se atendemos ás outra vez erradas intencións do alcalde, cando pretende que agora os promotores asuman a execución de todos os servizos”.

Ao grupo municipal do BNG resúltalle “difícilmente creíble que o alcalde consiga un compromiso de todos os promotores para a execución dos servizos, cando desde o 2006 ven sendo incapaz de executar na súa totalidade os avais para o convenio de abastecemento de auga cifrado en 3,6 millóns de euros. Os servizos había que esixilos antes. E iso foi o que defendeu e segue defendendo o BNG de Barreiros”.

No BNG non se entende “como ao alcalde non lle cae a cara de vergoña cando cae unha e outra vez nas mesmas contradiccións, chegando a decir que a execución destes servizos é para amparar as licenzas. Sería pois que as licenzas non tiñan ningún amparo legal, nada mais que o seu propio amparo (o do alcalde) e o dos concelleiros e concelleiras do PP que votaban favorablemente as licenzas nas xuntas de goberno, en contra dos informes desfavorables de secretaría”.

Os nacionalistas sí  que cren firmemente en que “hai que construir Barreiros. Alfonso Fuente non quere construir Barreiros, pois se así fora tería dotado ao noso concello do instrumento necesario e imprescindible para tal fin, que non é nin mais nin menos que o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Pero para iso hai que crer firmemente  niso de construir Barreiros, e obedecer única e exclusivamente aos intereses dos barreirenses e non a outros intereses.

Exit mobile version