Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG convoca unha concentración en Espiñeira para demandar a axilización do corredor Barreiros Ferrol

Nota de Prensa

O BNG concentrarase no sábado 19 ás 11.45hrs.

Veiga fai un chamamento á participación da cidadanía porqué  a presión social ten resultados

Celebrarase o sábado 19 ás 11.45hrs.

O BNG demandará  cunha concentración na rotonda da Espiñeira a axilización das obras da Autovía de conexión entre Barreiros e San Cibrao, de competencia estatal, e a súa continuación coa VAP San Cibrao-Ferrol de competencia autonómica cuxo remate non é previsíbel, de acordo coas estimacións da Xunta de Galiza, até o 2017.

Os nacionalistas entenden que  as iniciativas de impulso institucional promovidas polo BNG xa deron froitos no sentido de forzar ao responsábel de Medio Ambiente e Infraestructuras a axilizar o remate do vieiro entre Ferrol e Vilalba. As declaracións do propio Conselleiro, Agustín Fernández, en relación a ese vial, intentan contrarrestar a presión exercida durante as últimas semanas na demanda dunha axilización nas infraestructuras de conexión no norte galego, dende logo para o BNG o que ten que axilizar o Conselleiro é o tramo San Cibrao-Ferrol que o partido que o sustenta comprometeu para o 2007 e agora atrasa para 2017. Os nacionalistas demandan ao PP no goberno galego e na Xunta que actúe en consecuencia co acordo unánime aprobado polo Congreso dos Deputados e reduza os prazos para o remate das obras.

O BNG entende que a presión social e política debe continuar ao marxe da aprobación de iniciativas institucionais, e volveu demandar o compromiso firme de tódalas organizacións sociais e políticas de cara conseguir o remate desta infraestructura no menor prazo posíbel. Neste sentido faise un chamamento a asistir a esta concentración simbólica que pretende chamar a atención das administracións competentes para que non se tomen a broma o futuro da Mariña e o conxunto do norte galego.

Exit mobile version