BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, amósase moi satisfeito polo remate das obras de ampliación do porto. O rexedor convida aos veciños a que se acheguen a visitar na zona na que hoxe está atracado un barco de Oslo, que está a cargar 8.000 toneladas de caolín.
Llano sinalou que “como consecuencia destas melloras que se realizaron no peirao, o que se fixo básicamente foi agrandar a posibilidade de calado, que pasou de 3.000 a 8.000 toneladas. Algo que xa se está aproveitar co barco que está alí atracado agora mesmo, ven de Oslo cargar 8.000 toneladas de caolín”.
O alcalde considera que “ésta é unha noticia importante para Burela porque ven certificar que o noso porto vai collendo unha personalidade extraordinaria pola diversidade de funcións ás que se vai adicar. Temos a comercial, que comenza agora con esta nova carga de caolín, temos a actividade pesqueira e agardemos que en pouco tempo a deportiva tamén sexa unha realidade no noso porto. Esto ven a engadir un valor moi importante para Burela, dado que si o peirao se explota ben traerá unhas consecuencias moi positivas para o noso concello”.
O rexedor suliñou que “xa prácticamente o porto funciona ás mil maravillas, quedou unha explanada enorme e que cheguen estes barcos tan grandes ven indicar que estamos gañando en importancia e en influencia no Cantábrico. Será unha referencia clara para a nosa economía, para a nosa sociedade e para o noso porto. Agardo que esto implique a chegada de cousas moi positivas para o noso concello”.
Voluntarios de Alcoa
Por outra banda, Alfredo Llano, anunciou que entre 20 e 30 voluntarios de Alcoa procederán a mellorar o Monte Castelo a partires do vindeiro 5 de febreiro. O alcalde manifestou que “hai unha cuestión moi importante da que nós estamos moi pendentes e moi atentos. Alcoa está a favorecer a actividade dos voluntarios e onte estivemos no Monte Castelo para levar adiante melloras medio ambientais coordinadas entre Alcoa, Pasada das Cabras e o Concello de Burela e tentaremos darlles a oportunidade de realizar alí traballos que consistirán en plantación de árbores, mellora da zona de xogos dos nenos, do merendeiro… estarán entre 20 e 30 voluntarios traballando a partires do 5 de febreiro. E decímoslle a Alcoa que estamos á súa disposición para levar adiante máis campañas deste tipo”.