Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros ve contraditorio que o BNG aplaudise as denuncias e se lamente dos gastos

BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros dille ó portavoz do BNG no Concello que cando se toman decisións hai que pensar nas consecuencias que poden ter. Alfonso Fuente non entende que Antonio Veiga aplaudise no seu día as denuncias plantexadas contra o alcalde e que agora se lamente dos gastos que eso lle vai ocasionar ó Concello.

O rexedor sinalou que “cando non se atende despois non se entende e entón o señor do Bloque di porqué non se reclamaron as costas deses xuizos. Non se reclamou porque xudicialmente non se poden reclamar costas cando non se celebra o xuizo, e en ningún dos dous procesos chegou a celebrarse o xuizo”. A Alfonso Fuente parécelle “curioso que o concelleiro do BNG, Antonio Veiga, no seu día aplaudise estas decisións de denunciar ó alcalde para ver si así sacaba rendimento político. Como eso non ocorreu agora preocúpalle o coste económico que eso ten para o Concello, e eso hai que pensalo antes e evidentemente estes gastos son por representar e asistir ó alcalde nunhas denuncias tras as que non houbo xuizo porque a fiscalía entendeu que non había motivo para elo. Estes son os gastos xenerados, e evidentemente si fosen gastos contra a miña persoa coma cidadán os abonaría eu, pero como son xerados pola miña condición de alcalde se solicita que o Concello os abone, pero esto é algo normal que se fai en calquera Concello”.

Fuente Parga engade que “desde o Bloque se intenta confundir á xente dicindo que como hai tantos procesos en Barreiros e que si van contra o alcalde costarán moitos cartos. Eses procesos son contra as construccións e evidentemente lle van costar moitísimo ó Concello, pero tamén hai que aclarar quen provocou todo esto, quen indicou que había que paralizar todo, que había que demandar todo. Todos saben quenes apuntaron o dedo e o dirixiron dicindo hacia onde había que ir e denunciar. E agora este señor laméntase do que lle costan ó Concello estes procesos, pois é tarde agora lamentarse”.

O alcalde considera que “cando se toma unha decisión hai que pensar nas consecuencias e moitas veces este señor nin o pensa e longo pasan estas cousas. Eu lle pediría que antes de decir todos estes temas de que se reclamen as costas á parte denunciante que se informe porque esto non pode ser así. Si hai un xuizo sí se pode pedir que se condene en costas á parte que perde o xuizo, pero aquí non houbo xuizo e polo tanto hai que pagar os gastos do procurador e do abogado que representan á persoa e que estudian o caso e piden o archivo que foi aceptado neste caso polo fiscal. E esto é o que hai”.

Exit mobile version