Site icon Crónica3.com A Mariña

“O alcalde asiste a reunións que pouco ou nada lle reportan ao concello”, asegura o PP de Burela

NOTA DE PRENSA

Os populares pídenlle ó alcalde que traballe para axilizar os prazos do corredor Barreiros-San Cibrao.

Asegura o PP que agora o alcalde asiste a reunións “que pouco ou nada lle reportan ó concello”.

Os populares consideran que o BNG está “fóra de si, nervioso”.

O PP de Burela saiu hoxe ó paso das últimas andanzas e críticas lanzadas polo alcalde e por Nieves Cando contra o PP local. Para os populares, as reaccións do bigoberno contra o PP son clara mostra de que o PP acerta na crítica e no seu traballo político, e representan un estado de nerviosismo tal que fai pensar que o vindeiro ano e medio hasta as eleccións municipais será exemplo de desastre de xestión municipal. Cada vez que lanzamos algunha crítica, só se lles ocorre decir que só criticamos, que os deixemos traballar, pero non hai traballo para resolver os problemas que xeneran esas críticas.

No que se refire ás críticas lanzadas no sermón  do BNG de fin de semana sobre a guardería, o PP lamenta que o indicado sermón inclúa unha ampla serie de calificativos descalificadores (“demagoxia”, “neglixencia”, “cinismo”, “falacia”, “mentir”, “irresponsabilidade”, entre outros). Pero o que é máis grave é que parten dun grupo político, con Nieves Cando ó frente, que non pode dar ningunha lección de nada,  xa que non tivo ningún reparo, por exemplo, en traer no seu día a Burela e por sorpresa á conselleira de Vivenda, a Sra. Táboas, sen avisar de nada ó alcalde, ó Sr. Barcia. Polo tanto, todo ese sermón de críticas que nos lanza o BNG quedan totalmente deslexitimados, sobre de todo cando Nieves Cando ainda non foi capaz de solucionar o asunto dos corenta euros das axudas de principio de curso, e xa vai sendo hora de que o faiga. Tamén vai sendo hora de que vaia pagando os cento vinte mil euros que se deben na Delegación Municipal de Cultura, ou que lles pague ás charangas do Entroido, que ainda non viron un euro, ou asine dunha vez por todas os convenios cos clubes deportivos de Burela.

O que evidencia o sermón de fin de semana do BNG é que Nieves Cando e o BNG en xeral están fóra de si, nerviosos, tentando con grandes esforzos ser goberno pola mañán e oposición pola tarde; como mostra, os insultos adicados por Nieves Cando no último pleno a un concelleiro do noso grupo político. Dóelle ó BNG que a Xunta de Feijoo cumpla con Burela e que se descubran os enganos ós que nos tiña sometidos o BNG. Nós, o único que lle pedimos ó BNG, é que tente gobernar con sentidiño e sen derroches no ano e medio que queda hasta as municipais, porque esa foi a opción que escolleu, xunto co PSOE, ainda sendo perdedores nas eleccións municipais.

No que se refire ó alcalde, parece que o que este home non acaba de entender é que unha das obrigas que tén a oposición é a de criticar o que entende que se fai mal. E no caso dos apagóns do alumiado, os apagóns están ahí, o que demostra que non hai moita planificación das obras. Ademais, as críticas foron manifestadas polos propios veciños. Polo tanto, o alcalde debe un respecto, sobre de todo, hacia os veciños, que pagan para que el cobre a fin de mes, e tamén hacia esas críticas; e cando saiba que se vai producir un corte ou acontecemento similar, avisar ós cidadáns, para que estean informados. Eso é o menos que tén que facer.

Segundo o PP, ultimamente o alcalde acude a moitas reunións, algunha delas por certo sen nada que ver co noso concello, pero el acude porque queda ben con algúns mandamáis do seu partido, que logo tampouco cumplen con Burela, como é o caso do presidente da Deputación.

Falando de reunións, o PP considera que o alcalde equivocouse de reunión cando foi a Ortigueira e logo chegou a Burela afirmando que estaba loitando para que se axilizaran os prazos de execución do vial San Cibrao-Ferrol. En Ortigueira, para preocuparse por ese vial, só estaba o PSOE.. O alcalde non foi a traballar por nada, só foi a unha reunión do PSOE. Pero o que non se lle vé ó alcalde é traballar para demandar do Goberno de Zapatero un compromiso na axilización do vial Barreiros-San Cibrao, que este sí que nos afecta e mui directamente, porque por non saber ainda non sabemos cal vai ser o seu  trazado por Burela. E tampouco sabemos cando será a tan prometida reunión co Ministro de Fomento, e hai que ver a cantidade de veces que vén este home a Galicia.

Polo tanto, o que tén que facer este bipartito local é traballar un pouco máis, buscar solucións ós problemas e non crear máis. De non ser polas obras do Plan E, estariamos falando dunha parálise total da actividade municipal.

E, por último, tanto a BNG coma a PSOE, desde o PP esixímoslles que nos expliquen a todos os cidadáns de Burela o grao de consecución dos obxectivos que tiñan fixados para o tempo que levamos de bigoberno. Tamén queremos coñecer os seus compromisos para o ano e medio que resta de mandato municipal, e que vaian decindo cal vai ser o seu comportamento antes e depois das eleccións municipais de Maio de 2011 cos votos que reciban. A cidadanía de Burela tén dereito a saber estas cuestións, porque cos votos dos veciños non se xoga.

Exit mobile version