Site icon Crónica3.com A Mariña

O a delegación de Turismo de Burela renova a imaxe identificadora do barco museo Reina del Carmen

BURELA (FNC) .- O barco museo Reina del Carmen ven de renovar todos os seus soportes informativos e de actualizar a súa imaxe identificativa, segundo informa hoxe a Delegación de Industria, Comercio e Turismo. O edil José González Legazpi sinala que “algúns deses soportes precisaban das necesarias reparacións de mantemento e outros da súa definitiva substitución por atopárense en condicións de apreciable deterioro”.

O concelleiro nacionalista manifesta que “si de forma continuada se veñen facendo importantes actuacións no ámbito do mantemento do barco museo  Reina del Carmen para posibilitar a súa funcionalidade de modo axeitado en tanto que representa un activo turístico e formativo importante, e que se teñen concretado na súa operatividade mecánica, xunto coas condicións de estanqueidade e amarre,así como a súa reparación xeral en asteleiro, corresponde agora actualizar e definir os seus soportes informativos e identificativos”.

O responsable da Delegación de Turismo explica que “renóvase por tanto non só o material por atoparse deteriorado, se non que tamén se aproveita esta circunstancia, para dotar ao barco museo da necesaria identificación vencellada ao mundo mariñeiro, conforme corresponde ás condicións do mesmo e á súa importancia turística e divulgativa dentro das características propias e representativas da tradición mariñeira de Burela e mesmo dunha parte importante da nosa historia”.

José González Legazpi suliña que “atópase por tanto renovada a imaxe do barco museo Reina del Carmen ao dotarse de soportes identificativos que mateñen uniformidade coa imaxe corporativa de Burela representanda en tonos, fondos e deseños conforme ás características mariñeiras como algo esencial e histórico do noso concello, ao tempo que trasmiten unha axeitada vistosidade que conforma pasado e modernidade e que nos lembran tamén o dinamismo e desenvolvemento que favorecen a potencialidade de Burela”.

Exit mobile version