A MARIÑA .- Segundo o Observatorio do paro, da Unidade de Promoción e Desenvolvemento do Pacto Territorial de Emprego da Mariña o paro rexistrado nos concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela aumentou no pasado mes de Novembro en 184 persoas, o que supón un 4,54 por cen máis de paro que o mes pasado. A porcentaxe de aumento do paro sitúase entre os valores correpondentes á provincia de Lugo (onde o aumento do paro foi dun 5,50 por cen) e os da comunidade autónoma de Galicia (onde aumentou o 3,78 por cen). O aumento do paro foi maior entre os homes que entre as mulleres
Novembro deixou un 4,54 por cen máis de paro que o mes pasado
Novembro deixou un 4,54 por cen máis de paro que o mes pasado
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña