Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo e Burela acollen a exposición fotográfica “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”

A MARIÑA .- Mondoñedo e Burela acollen a apertura da exposición fotográfica “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”, unha selección dos mellores traballos das participantes no curso de fotografía dixital organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. Este sábado 12 ás doce do mediodía terá lugar a inauguración en Mondoñedo, mentres que en Burela será o luns 14 ás oito e media da tarde.

Nota de Prensa

Mondoñedo e Burela inauguran a exposición fotográfica “OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA”, unha selección dos mellores traballos das participantes no curso de fotografía dixital organizado polo Observatorio

Este sábado 12 ás doce do mediodía terá lugar a inauguración en Mondoñedo, mentres que en Burela será o luns 14 ás oito e media da tarde

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza a exposición “OLLADAS DE MULLERES, VISIÓNS DESDE A MARIÑA”, unha selección das mellores fotografías realizadas polas participantes no obradoiro de fotografía dixital do mesmo nome, que desde o mes de outubro tivo lugar nos concellos de Mondoñedo e Burela, impartido polas fotógrafas mariñás Lucía Valea e Maríán García.

Mondoñedo

En Mondoñedo a mostra consta de 21 fotografías en cartón-pluma tamaño grande, e a inauguración será este sábado día 12 ás 12h na sala de exposicións do Centro Comarcal de Mondoñedo (1º andar), na rúa Julia Pardo, 13. Nela participarán o alcalde de Mondoñedo e concelleiro de Igualdade Rolando González, a secretaria do Observatorio Carolina García, así como as propias mulleres participantes no curso que darán a coñecer a súa experiencia. A exposición poderá verse até finais de mes, en horario de luns a venres de 10 a 14.30 e 16 a 19 horas, e os sábados pola mañá de 10 a 14 horas.

Burela

A inauguración en Burela será o luns 14 a partir das 20.30h na Casa de Cultura (1º andar), e nela participarán a tenenta de alcalde e concelleira de igualdade Neves Cando, a vicepresidenta do Observatorio Olga Castro, así como as mulleres participantes no curso. Haberá tamén un ágape, ao que están convidadas todas as persoas que acudan ao acto. En Burela a mostra consta de 22 fotografías en cartón-pluma en tamaño grande complementadas con obxectos persoais das alumnas que contribúan así á definición dos seus traballos. Ademais, haberá continuamente unha proxección audiovisual con todas as fotografías das participantes. A exposición poderá verse até o 14 de xaneiro, de luns a sábado de 11 a 13 e de 18 a 20 horas.

Próximas actividades

O curso de fotografía dixial “OLLADAS DE MULLERES” tamén se está a desenvolver en Barreiros, onde concluirá a finais de xaneiro. Posteriormente organizarase tamén nesta localidade unha exposición coa selección das mellores fotografías.

Finalmente, o colofón á actividade será unha EXPOSICIÓN CONXUNTA no mes de marzo de todos os traballos de Mondoñedo, Burela e Barreiros.

Exit mobile version