Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción na Deputación do PP para pedir a ampliación do Museo do Mar de San Cibrao

NOTA DE PRENSA:
O GPPP levará ó pleno o mantemento dos catamaráns na conca do Sil e a ampliación das instalacións do Museo do Mar de San Ciprián

Lugo, a 27 de decembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular proporá no vindeiro pleno que a Deputación manteña o servizo de catamaráns na conca do Sil nos tramos que sexan navegables durante as obras que se acometerán no embalse de Santo Estevo.

Na moción que presentarán os populares tamén avogarán porque se poña en funcionamento este servizo no embalse de Belesar e que se adopten medidas compensatorias pola perda de beneficios que se ocasione pola referidas obras que se acomenterán en Santo Estevo.

O GPPP tamén defenderá a ampliación do Museo do Mar de San Ciprián para o que proporá que nos orzamentos para o vindeiro ano se inclúa unha partida que permita acometer a execución das obras pertinentes.

Suliñan os populares que en reiteradas ocasións se aludiu á execución deste proxecto sen que ata o momento se levara a efecto, e destacan o feito de que as limitacións de espazo actual fan que gran parte dos fondos cos que conta este museo atópanse almacenados á espera de que se leve a cabo dita ampliación.

Exit mobile version