Site icon Crónica3.com A Mariña

Mais dun cento de persoas demandaron na Espiñeira a axilización das obras do corredor Barreiros Ferrol, asegura o BNG

Nota de Prensa

Mais dun centenar de persoas secundaron a concentración convocada polo BNG demandando a axilización das obras do corredor Barreiros-Ferrol
Os nacionalistas fixeron un novo chamamento á unidade das forzas políticas e sociais por unha infraestrutura vital para as comarcas da Mariña, Ortegal e Ferroltera

A Mariña, 19 de decembro de 2009. O BNG reuniu a mais dun cento de persoas na concentración convocada no cruce da Espiñeira para demandar das administracións responsábeis axilidade nas obras do corredor Barreiros-Ferrol. A presión social e política xa obtivo froitos na axilización do remate das obras da autovía Ferrol-Vilalba, mais isto non pode servir de escusa para adiar a solución aos problemas de comunicación da Mariña e Ortegal. O BNG mantén o seu ánimo reivindicativo sabedores de que sen presión non hai movemento e nesta liña convoca ao conxunto das forzas sociais e políticas da comarca a sumar esforzos polo futuro.
A unidade das forzas sociais e políticas e vital para adiantar o remate das obras
O BNG volveu demandar na mañá de hoxe diante de mais de cen persoas concentradas no punto de inicio do corredor a Ferrol a unidade das forzas sociais e políticas co fin de axilizar o remate do corredor Barreiros-Ferrol, “os nacionalistas aspiramos a unir e a restaurar a unidade das forzas sociais e políticas aparcando o esteril debate partidario dunha reivindicación que debe ser de todos e todas”dixo o portavoz comarcal, Antonio Veiga, “aplaudimos e apoiamos o movemento xurdido en Ferrolterra e aspiramos a estendelo na Mariña”

A posición do BNG sempre foi a mesma tanto no goberno como na oposición
Veiga lembrou que o nacionalismo galego sempre mantivo unha posición de clara con esta obra, clareza no Goberno e na oposición, clareza no ámbito local, no nacional e no estatal, clareza que sintoniza co sentir da sociedade da Mariña, expresada nos acordos das Corporacións Locais, da Deputación de Lugo ou do Congreso dos Deputados. A participación do BNG no Goberno Galego contribuíu a axilizar a licitación dos trazos do tramo autonómico, orzamentando fondos económicos, para convertela nunha realidade no 2013 a pesar do esquecemento ao que tiña sometido aquel Conselleiro tecnócrata chamado Núñez Feijoo que aínda no 2004 tratou de convencer á sociedade de Ortegal e A Mariña do innecesario desta obra.
Xa por último, o portavoz nacionalista lembrou que as comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra representan o 10.5% da poboación galega concentrando o 14.0% da actividade industrial galega nunha extensión xeográfica de pouco mais de cen quilómetros de costa que aínda así, foi capaz de desenvolverse a pesar das históricas carencias de comunicación. Non son tolerábeis por tanto, os repetidos incumprimentos das administración competentes na execución desta infraestrutura, por parte dos Gobernos do Estado e da Xunta dende o ano 2001.

Exit mobile version