NOTA DE PRENSA:
NA TARDE DE HOXE, GALIZA NOVA DA COMARCA DA MARIÑA, VEN DE PRESENTAR O PROGRAMA DAS XI XORNADAS DO REINO DE GALIZA(ADXÚNTASE), AS MESMAS CELEBRARANSE O VINDEIRO FIN DE SEMANA NA COMARCA DA MARIÑA, EN CONCRETO NOS CONCELLOS DE RIBADEO, VIVEIRO E MONDOÑEDO, O PREZO PARA ANOTARSE SERÁ DE 20 EUROS INCLUINDO ALMORZO, XANTAR, CEA E ALOXAMENTO. PARA ANOTARSE, PODESE FACER POR CORREO ELECTRÓNICO NO ENDEREZO NACIONAL@GALIZANOVA.ORG. AS XORNADAS VAN DIRIXIDAS A AUMENTAR O COÑECEMENTO DA HISTORIA DE GALIZA, NESTE CASO DA IDADE MEDIA, ENTORNO A FIGURA DO MARISCAL PARDO DE CELA, ASASINADO O DÍA 17 DE DECEMBRO DE 1483 POLOS REIS CATÓLICOS. O OBXETIVO DAS XORNADAS, ADEMAIS DE DAR A COÑECER A NOSA HISTORIA, SERÁ A DE DISFRUTAR DUNHA FIN DE SEMANA DE CONVIVENCIA E LECER ENTRE MOZAS E MOZOS.
ASÍ MESMO, GALIZA NOVA DA MARIÑA, QUERE DENUNCIAR A ACTITUDE DO GOBERNO DO PARTIDO POPULAR, AO DENEGAR CASE 70 MOZAS E MOZOS QUE PARTICIPARÁN NAS XORNADAS O ALOXAMENTO NO ALBERGUE DE AREA, TAL E COMO SE VIÑA FACENDO NA CELEBRACIÓN DAS XORNADAS NOS ÚLTIMOS ANOS. DEMÓSTRASE UNHA VEZ MÁIS O POUCO INTERESE QUE O PARTIDO POPULAR DEMOSTRA POLA MOCIDADE GALEGA, PRIVANDO DELIBERADAMENTE A GALIZA NOVA DO USO DO ALBERGUE “XUVENIL”, CANDO SI AUTORIZAN O SEU USO A OUTRAS ORGANIZACIÓNS XUVENIS, CULTURAIS E DEPORTIVAS. A PREGUNTA QUE NOS FACEMOS É PARA QUE VAI UTILIZAR O PP O ALBERGUE “XUVENIL” DE AREA SE NON LLE DEIXA EMPREGALO A MOCIDADE¿? O ALBERGUE DE AREA É PROPIEDADE DO PP OU É PROPIEDADE DE TODOS OS GALEGOS¿? TEN O PP POLÍTICA XUVENIL¿?E ESTE O XEITO NO QUE O PP PRETENDE PROMOCIONAR O TURISMO EN VIVEIRO¿?SABE O PP A REPERCUSIÓN ECONÓMICA QUE TEN PARA COMERCIOS E LOCAIS DE HOSTELERÍA A SUPRESIÓN DA PRESENZA DE 70 PERSOAS¿?. PRETENDENDO CASTIGAR A GALIZA NOVA O PP CASTIGA A TODOS OS VECIÑOS DE VIVEIRO, QUE SE VERÍAN PERXUDICADOS NO PLANO ECONÓMICO NO SUPOSTO DA AUSENCIA DESTES MOZOS.
TODO ISTO CHOCA COA ACTITUDE TOLERANTE DO CONCELLO DE VIVEIRO E DO CONCELLO DE RIBADEO, QUE COLABORAN CON ESTAS ACTIVIDADES SABEDORES DO BENEFICIO QUE VAN A XERAR PARA OS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS.
XI XORNADAS DO REINO DE GALIZA
A MARIÑA 18-19-20 DECEMBRO 2009
PROGRAMA
VENRES 18 DE DECEMBRO
18.30 – CHEGADA A RIBADEO
19.00 – RECEPCIÓN NO CONCELLO DE RIBADEO CO ALCALDE FERNANDO SUAREZ
20.00 – CHARLA SOBRE O REINO DE GALIZA NA CASA DAS LETRAS.
21.30 – CEA NA VILA.
SÁBADO 19 DE DECEMBRO
10.00- ALMORZO EN RIBADEO.
11.00- VISITA Á PRAIA DAS CATEDRAIS.
12.00- PARTICIPACIÓN NA CONCENTRACIÓN DO BNG FINALIZACIÓN OBRAS CORREDOR BARREIROS-FERROL.
14.00- XANTAR EN VIVEIRO
16.30- PARTIDO POLA SELECCIÓN GALEGA, NO PABILLÓN LOIS TOBIO.
19:30- ROTEIRO POLO CASCO HISTÓRICO DE VIVEIRO, SUSO MARTINEZ HISTORIADOR.
21:30- FESTA-CONCERTO E CEA NA CARPA DA PIZZBUR EN COVAS.
03.00- ALOXAMENTO NO COLEXIO PEDROSA LATAS DE CELEIRO(VIVEIRO)
DOMINGO 20 DE DECEMBRO
10.00- ROTEIRO POLA RUTA DE PARDO DE CELA (VISITA A FOZ, A FROUXEIRA, ALFOZ, LOURENZÁ E MONDOÑEDO).
13.00- ACTO POLÍTICO NA PRAZA DE MONDOÑEDO.
– IRIA ABOI
– ANTONIO VEIGA OUTEIRO.
– ORLANDO GONZÁLEZ.
14.00- XANTAR.
16.00- REGRESO A CASA