Site icon Crónica3.com A Mariña

Positivo e emotivo encontro con emigrantes de Barreiros, Lourenzá, Trabada e Alfoz en Arxentina

Bós Aires (FNC) .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, tilda de experiencia moi positiva a viaxe e o contacto que está a manter nestes días cos veciños do concello emigrados a Arxentina hai moitos anos.
O rexedor suliñou hoxe “o grande recibimento que nos fixeron os barreirenses afincados aquí e os seus descendentes, ó igual que está a acontecer cos nacidos en Lourenzá, Trabada e Alfoz e que hai anos sairon en busca dun futuro mellor para eles e para as súas familias”.
Fuente Parga sinalou que “estamos a intercambiar as contas de correo electrónico para manter un contacto máis fluido e informalos dos avances acadados para os emigrantes, como o anunciado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, con respecto á tarxeta sanitaria, que é un dos temas que máis preocupan”. O alcalde asegurou que “ésta experiencia que estamos a ter é moi positiva e tamén moi emotiva”.

Exit mobile version