Site icon Crónica3.com A Mariña

Felicitación dos alcaldes de Ribadeo, Barreiros e Burela

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, deséxalles a todos os veciños e veciñas deste nobre concello de Ribadeo que teñan unha feliz Noiteboa, que teñan un bo día de Nadal e para o 2010 deséxolles o mellor, saúde, sorte, traballo, amor, pero sobre todo moita saúde para todos”.
Pola súa banda, o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, deséxalles “aos veciños do noso concello unha feliz día de nadal, e aproveito tamén para desexarlles un próspero aninovo 2010”.
O rexedor de de Burela aproveitou a xornada para desexarlles unhas boas festas aos seus veciños. Llano entende que “estes días todos estarán nas súas casas en harmonía disfrutando da súa xente chegada desde concellos veciños ou incluso do estranxeiro. Son unhas datas para compartir, para ter esperanza, para ser optimistas, para proxectar cara o futuro o mellor de cada un. O que eu desexo  de todo corazón é que os veciños de Burela o pasen o mellor posible estes días e o mellor para o 2010 a eles e ás súas familias”.

Exit mobile version