Esta semana saíu do prelo o libro de poemas de Paco Rivas ilustrado por min “ENTRE NOIS E A PENA ORXAL” editado por o Concello de Foz.
Cada vez que encontro a Paco Rivas e converso co poeta, sinalámonos cousas, ampliamos comentarios, sacamos colación vellas historias, novos chismes, asuntos para o esquecemento, a amizade perigosa do triquiñuelo, a fuxida e a forma coa que podaron os acalorados cabezas do liderado barrial; e cando facemos cousas xuntos el a palabra e eu o debuxo o meu traballo e de axudante, o seu de capataz, o da pedra angular metido ata o zapato, a viga que fun soprando no seu, o azougue que nos reflexos íntegros e desparellos no nome do ben que todo bótao embaixo.
Por entre Nois e a Orxal,
Hai un carreiro, dous regos,
Moitos verdes e un cabás
Cun anaquiño de ceo….
E aínda mais….
O poeta mora nunha torre vixía ala en Trasmonte dende vixila dende o cavo Burela ata Tapia de Casariego, cando chega , bicos á Ana, desalfoxase as roupas, en pantaloncillos e a escribir tres follas de parra gardadas dende outono.
Eu volto a vostedes, alta a temperatura, día xoves, mañá cobramento, hai que pagar as facturas, mandar un sen cargos, dividir para organizas o traballo no obradoiro , gardar dous euros e esperar que da suor dun mes nos de para que cubrir o primeiro, e quedar en débeda para o seguinte.
¡Quen fora mariñeiro,
Para poder navegar
O ceo no seu espello¡
¿Verdá que si mariñeiro?
¡E ti collido dos remos¡
Fóra os nenos xogan á pita cega. Por entre as cortinas do pazo, ou unha cousa parecida. Entra unha brisa fresca, os gatos teñen catro patas, penso entón nos mundo que coñecín mais aló de Nois, da orixe de humanidade, vénme á punta da lingua a República Cartaxinesa, o florecemento do Nilo, Alexandría, Salomón, as augas do Mediterráneo…. Pero o poeta non me escoita, mellor dito e contesta:
Como nacín dunha onda,
Ó mar debo regresar
Cando chegue a miña hora.
Saltamos a outro tema. A política novo. Gústame escoitarlle despotricar contra o que os papeis lle chaman esquerda . Como é iso de que eses son de esquerda? De onde carallo sacas ti iso? E eu explícolle o que non sei con certeza, fai moito tempo que deixei a un lado as internacionais, que e un bo goberno, que loita polos pobres, que en fin…
Sempre compoño cancións.
Sempre da mesma maneira:
Musico as cores do albor,
mentres o mar pon a letra.
O home non sabe cando nin onde vai a nacer, pero se ten a potestade de decidir cando e por que causa desexa morrer. Illio Capocci. 1965.