Nota de Prensa
REGO DENUNCIA QUE OS XESTORES DO PARTIDO POPULAR DUPLICARON, EN 8 MESES, AS LISTAS DE ESPERAS DO HOSPITAL DA COSTA
-O deputado socialista fixo públicos datos referidos ás listas de espera, do citado Centro Hospitalario, nos que se constata o deterioro continuo da sanidade publica na Mariña de Lugo
-Advirte que para as consultas de cardioloxía e traumatoloxía non se da cita, nin con volante normal, nin con preferente
Santiago , 29 de decembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego denunciou hoxe que os xestores do Partido Popular, duplicaron, en 8 meses, as listas de espera do Hospital da Costa.
Rego fixo públicos datos referidos ás listas de espera, do citado Centro Hospitalario, nos que se constata o deterioro continuo da sanidade publica na Mariña de Lugo.
O deputado socialista explicou que para os pacientes de cirúrxica conceden cita para setembro do 2010 , e o mesmo sucede nas consultas de neuroloxía e reumatoloxía. Para uroloxía dan cita en novembro do 2010 e na especialidade de traumatoloxía non se da cita nin con volante, nin normal, nin preferente. Para a consulta de dermatoloxía dan vez en xuño de 2010, e para endocrinoloxía en maio de 2010, e a mesma data para medicina interna. Tampouco en cardioloxía se dan citas nin con volantes, nin normal nin con preferente. Para consultas de xinecoloxía dan cita para abril do 2010, e neumoloxía en febreiro do 2010. E por último para oftalmoloxía conceden consulta en agosto do 2010.
Rego sinala ademais que cando non se pode dar cita para unha consulta significativa solicitada no Hospital, quédanse cunha fotocopia do volante que vai parar a un “caixón que non consta en ningunha lista de espera, e cando pareza chaman”, advirte.
Ismael Rego denunciou que a Consellería de Sanidade de terlle “birlado” mais de 1.200.000 euros dos orzamentos do ano 2009 ao centro Hospitalario.
A maiores advertiu que son os propios profesionais os que denuncian un disparo sen precedentes das listas de espera.
Sinala tamén que o a Consellería de Sanidade non ten outro obxectivo, que non sexa a desmotivacion do persoal destes centros, co único fin de promover o seu abandono e centralizar así a asistencia especializada en hospitais centrais de referencia e na propia sanidade privada”.