SANTIAGO .- Dúas alumnas e un alumno de institutos de Burela, Viveiro e Mondoñedo recolleron en Santiago premios que lles entregou Educación. Lucía Barrera, alumna de segundo de bacharelato do instituto de educación secundaria Perdouro de Burela, recolleu o premio de gañadora autonómica do X Concurso Hispanoamericano de Ortografía. Unha alumna do instituto de educación secundaria San Rosendo de Mondoñedo e e un alumno do María Sarmiento de Viveiro recolleron premios extraordinarios de bacharelato . O acto tivo lugar no Conservatorio Superior de Santiago de Compostela.