Site icon Crónica3.com A Mariña

Ditaminara o PP de Burela que a cidadanía descoñece o grado de cumprimento do pacto entre PSOE e BNG

NOTA DE PRENSA

O PP considera que PSOE e BNG deben romper o pacto en Burela, porque “está agotado”.

Os populares aseguran que a cidadanía descoñece o grado de cumplimento do pacto.

Bruno Pedre afirma que non se coñecen os proxectos previstos hasta as eleccións municipais.

O PP de Burela manifestou hoxe, a través de Bruno Pedre, que xunto con Raquel Río exercen de portavoces do Comité  Local do partido, que tal e como dixo hai uns días Pérez Touriño,  PSOE e BNG deben romper o seu pacto en Burela, porque non foron capaces ningún dos dous a gañar as eleccións municipais de 2007, e porque o bipartito municipal é un “desgoberno dos perdedores”.

Bruno Pedre afirmou que “os bipartitos non teñen presente, e tampouco teñen futuro, porque non hai proxecto”. E en Burela, segundo Pedre, “esto está máis que demostrado,  porque no seu día se dixo publicamente que cada ano se faría un balance do pacto de bigoberno burelés. Nada de eso se fixo, os cidadáns non sabemos cal é o balance que fan PSOE e BNG, pero o peor é que descoñecemos cales son os proxectos que teñen desde agora hasta as eleccións municipais de 2011”.

Polo tanto, os populares consideran que o bigoberno burelés está  agotado. “Hai tensións, falta comunicación interna e por riba están levando ó concello a unha situación económica realmente preocupante”. Bruno Pedre foi máis alá, e asegurou que “Touriño tiña razón o outro día, porque en Burela ocurre o mesmo, o bloque está a crear unha rede clientelar, a base de subvencións e de chalaneos, aproveitando o concello desde un punto de vista totalmente partidista, co consentemento de Llano, que mira para outro lado co único fin de non perder o poder, xa que o único fin que os moveu no seu día a pactar foi precisamente o poder, e evitar por todos os medios que o PP non gobernara”.

Finalmente, os populares esixen publicamente que tanto PSOE coma BNG digan canto antes se rompen o pacto, ou se contan mantelo en 2011 no caso de que o PP non saque a maioría suficiente para gobernar. “Visto o visto, os cidadáns teñen dereito a saber que se vai facer cos seus votos en 2011, e teñen dereito a sabelo canto antes”.

Exit mobile version