Nota de Prensa
Os populares pedirán unha reestructuración dos aparcamentos nos Castros.
Consideran que a minirotonda podería ser retirada.
Os populares trasladarán estas peticións ó bigoberno burelés.
O GMPP solicitaralle ó bigoberno burelés que proceda a unha reestructuración dos aparcamentos na zona de Os Castros próxima ó CEIP “Virxe do Carme” e que sopese a retirada da minirotonda alí existente.
Os populares bureleses puxeron de manifesto estes defectos no transcurso dunha rolda de prensa celebrada hoxe, xoves, precisamente no entorno do indicado centro de ensino, a raíz de peticións feitas por veciños da zona, asistentes á reunión que o PP mantivo con eles a semana pasada.
E ainda que é evidente que debe primar a seguridade en todo momento, cuestión que o PP apoia, e que foi orixe do cambio de tráfico no seu día, e máis nesta zona pola súa problemática específica, cremos que se están dando as circunstancias que conducen ó contrario, que se están a crear problemas serios de tráfico.
O GMPP trasladará estas demandas veciñais ó bipartito burelés, porque o alcalde é o responsable do tráfico municipal, e semella estar mal asesorado. Desde o PP entenden que esta problemática pode ser resolta con celeridade, e así debe ser, dada a cantidade de problemas que se están manifestando na zona.