No terceiro cuarto os xovenses mostraron a sua peor cara con unha pésima defensa e encaixaron un parcial de 12 a 25 encarando o último cuarto 20 abaixo. Neste último periodo o novo adetrador revolucionou o partido counha defensa mixta e a falta de un minuto a diferencia era so de catro puntos. A pesar da boa reacción o esforzo non foi suficiente e o Xove sumou outra derrota. O debut de Pablo Castro foi agridulce pois a pesar da derrota o equipo tivo momentos de bo xogo.
Polo C. B. Xove xogaron: Javi, Juan María(20), Ángel(2), Pablo Santiago(11), Victor Alcalde(6) – Álvaro(10), Juanma(2), Andres(7), Piñon e José David.
Os Celtas-Primera Calidad sufriron unha dura derrota na pista do lider, o Baloncesto Narón, por 86 puntos a 48. O Celtas viuse superado en tódalas facetas por un gran equipo que aspira a quedar primeiro clasificado ao fin da liga.
Polos Celtas-Primera Calidad xogaron: Aarón(2), Sama(11), Diego(8), Eduardo(4), Manolo(2) – Lucas(7), Ramón, Manuel e Brais(14).