Nota de Prensa
Os populares piden que se consensúen as actuacións do Plano E.
Consideran que debe estudiarse que parte dos fondos se destinen a pagar gasto corrente e servicios.
Entenden que debe acometerse un plan de rexeneración en certas rúas.
O GMPP de Burela manifestou, a través dunha nota de prensa, que nos próximos días solicitará por escrito que desde o bigoberno municipal se convoquen ós portavoces ou representantes dos grupos políticos para definir, consensuadamente, que tipo de actuacións se van levar a cabo cos fondos que lle corresponden ó concello co segundo Plan E de Rodríguez Zapatero, algo máis de novecentos mil euros.
Os populares entenden que a situación económica do concello non é para tirar foguetes dado que hai débedas acumuladas de gran parte do ano con empresas, como o caso do practicamente medio millón de euros que se adebedan por recollida de lixo, e mesmo outras débedas por gasto corrente a empresas de Burela e da zona. Precisamente por eso, hai que arbitrar fórmulas dentro da normativa legal, entenden os populares, para aproveitar eses novecentos mil euros e facer unha priorización do gasto, xa que se poderían algo máis de cincocentos mil euros a pagar gastos correntes e servicios. A mellor forma de manter os postos de traballo é pagando o que se debe para que as empresas non pasen apuros.
Para os populares esa é a prioridade. E a contía restante, aproximadamente catrocentos mil euros, habería que planificala de forma que se acometan actuacións que se detecten agora como imprescindibles, como é a elaboración e realización práctica dun plano de rexeneración de asfalto en certas rúas, cuestión costosa e que non podemos deixar para máis adiante, dado que ó millor no futuro non hai fondos suficientes para acometela. Outra actuación que se pode levar a cabo é a reparación das infraestructuras de madeira do Monte Castelo, que xa detallamos hai días.
Os populares consideran que as actuacións que se leven a cabo hai que meditalas con rigor e seriedade. Por exempo, pode que esteña mui ben pensar en antenas de wiffi para universalizar internet en Burela, pero eso terá un custo posterior, xa que o servicio o pagarán os usuarios ou o propio concello, cuestión que non é menor e que hai que contemplar. Resulta chocante que a única idea que se lle coñece ó alcalde para investir este segundo Plan E sexa únicamente esta.
Os populares solicitan esta reunión con espíritu totalmente constructivo, e confían en que o bigoberno local acepte a idea. O GMPP considera que algunhas actuacións do primero Plan E puidero ser razonables, pero outras puideron esperar, porque se tratou de actuacións puntuais que non solventaron ningún problema.