Site icon Crónica3.com A Mariña

37 xogadores competiron na tirada de Bolos de Sumoas en Xove

XOVE .- Participaron os 37 inscritos, 22 na Liga Senior, 6 na Liga Sub 18 e 9 na Liga Feminina. Rematada a primeira volta, salientar a alta participación nas tiradas, debido fundamentalmente á aportación feminina, coa celebración da competición de féminas por primeira vez na historia do campionato.

Liga Senior.- Victoria de José Manuel Cociña, o que lle permite situarse na quinta posición con 39 puntos. O líder ata este momento, Ginés Rodríguez, pedeu esa condición debido a que non puntuou nesta última tirada do ano, e os fallos páganse, dado que é única tirada, das nove celebradas, na que non puntuou. O segundo posto de José Rafael González e os 10 puntos obtidos permítenlle acadar o liderato por primeira vez este ano, e comando con 70 puntos, un máis que Ginés. José Rafael González e César Cancelos (terceiro con 56 puntos) son os únicos xogadores que puntuaron en tódalas tiradas. Polo tanto, como conclusión rematada a primeira volta, decir que temos unha clasificación escalonada pero bastante apretada, con dous gallitos pelexando pola primeira posición, e un grupo de xogadores (César Cancelos, Moisés Rodríguez, José Manuel Cociña, etc.) litando polo terceiro posto. Un total de 26 xogadores distintos lograron puntuar ata o momento, síntoma da gran igualdade exisitente no campionato.

Liga Sub 18.- Extraordinario concurso do líder Jose Vigo, que con 168 tantos acadou a victoria e a mellor bolada, o que lle supón distanciarse dos seus perseguidores, liderando comodamente con 43 puntos, o que lle permite comezar a segunda volta con bastante tranquilidade. Decir tamén, e dahí o calificativo de extraordinario, que os 168 tantos acadados por Jose Vigo permitiríanlle compartir a victoria na categoría senior nesta tirada. Para segunda e terceira posición temos catro xogadores nun pano, prácticamente cos mesmos puntos, dahí que a loita entre eles para segunda volta prevése que sexa dura.

Liga Feminina.- Carmen Roca suma unha nova victoria, a 5ª nesta temporada, o que lle permite liderar con 39 puntos, seguida de Dolores Baño con 34; ámbalas dúas están liderando comodamente o campionato, e o seu nivel está claramente por riba das súas compañeiras, poloa que na segunda volta, se non hai ningún cambio extraordinario, Carmen e Dolores vanse disputar o trunfo final. Para o terceiro posto temos a MartaÁlvarez con 19 puntos, Salomé Bermúdez con 14, concepción Piñeiro con 9, etc. Un total de 13 mulleres distintas lograron puntuar nesta primeira Liga, o que nos satisface plenamente, e demóstranos o acerto de poñer en marcha esta Liga.

A Vindeira tirada, e primeira da segunda volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE LAGO O SÁBADO, 9 DE XANEIRO DE 2010 ÁS 15:30 HORAS.

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (5 DECEMBRO 2009) ====   37 INSCRITOS:    22 NA LIGA SENIOR,   6   NA LIGA SUB 18  E   9    NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 168 12
SEGUNDO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 166 10
TERCEIRO JOSÉ  ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO 152 8
CUARTO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 152 7
QUINTO LUIS RANCAÑO BOUSO 141 6
SEXTO FÉLIX MÉNDEZ GALDO 136 5
SÉTIMO C. JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA 130 4
OITAVO RAMÓN FRANCO BERMÚDEZ 126 3
NOVENO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 125 2
DÉCIMO ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 122 1
MELLOR BOLADA JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 75 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO JOSE VIGO LAGE 168 6
SEGUNDO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 102 4
TERCEIRO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO 86 3
CUARTO ÓSCAR PÉREZ MEITÍN 50 2
QUINTO ALEX MEITÍN SERANTES 44 1
MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE 62 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 103 6
SEGUNDO DOLORES BAÑO FRAGA 51 4
TERCEIRO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 46 3
CUARTO BELÉN GAVÍN SEOANE 40 2
QUINTO DOLORES PÉREZ MIGA 30 1
Exit mobile version