O VALADOURO .- O domingo 27 de Decembro, ás sete da tarde, no salón de actos de Ferreira, o grupo de teatro Raiolas de Alfoz volta a representar “A Lotaría” de Hugo Daniel Marcos. A seguinte xornada vai a será o sábado 2 de Xaneiro, cando Pepe Peinó presentará a súa última película: “A encrucillada” tamén no salón de actos da Casa da Cultura.
Nota de Prensa
Despóis de tres semanas de actividades para todos os públicos, que viñeron da man do programa Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo e máis do concerto de coros parroquiais celebrado o pasado domingo con exitosa cantidade de público congregada no salón de actos de Ferreira, agora tócalle o turno ó grupo de teatro Raiolas de Alfoz volve a traernos “A lotaría” de Hugo Daniel Marcos. Este foi o compromiso acadado a última edición da semana do teatro, cando por quedarse o aforo demasiado pequeno (con máis de 300 persoas) o grupo se comprometeu a volver a representar debandita obra nas vacacións de Nadal. Así, o vindeiro domingo 27 de Decembro, ás 19:00 horas no salón de actos de Ferreira o grupo de teatro Raiolas de Alfoz volta a representar “A LOTARÍA” de Hugo Daniel Marcos. Agardamos, tanto a organización como o grupo de teatro afecionado Raiolas que o éxito se volte a estar asegurado.
A seguinte xornada vai a ser xa o vindeiro ano, cando o o ´sabado 2 de Xaneiro, Pepe Peinó vai a estrear e presentar a súa última película: “A encrucillada” tamén no salón deactos da Casa da Cultura de Ferreira de O Valadouro.
A seguinte xornada cultural en Ferreira vai a correr a cargo da Asociación Cultural Amado Lar que está a organizar a cabalgata para recibir as súas maxestades de Oriente.
Mentras tanto e non chegan as súas maxestades, os nenos de O Valadouro teñen todas as tardes ocupadas co programa de Tardes de Nadal que comezou hoxe 23 de Decembro con moitos nenos inscritos e cun taller onde aprenderon un pouco que facer con aquelas cousiñas que se tiran e que sirven para reciclar.
As vindeiras xornadas van a difrutar de xogos populares, xogos musicales, campionatos de play station, tallers de pintar camisetas, ginkannas, búsqueda de tesouros, castillos hinchables, abalorios, xogos celtas, cartas para os eis, xogos internacionais e talleresde pasta de sal. Todas as tardes ata o vindeiro 5 de Xaneiro de s16:00 a 19:00 na Casa de Cultura de Ferreira agás domingos e festivos