O Servizo Galego de Saúde destaca que a folga convocada polas organizacións sindicais CIG e SAE foi secundada por un 3,03% de todo o persoal estatutario, funcionario e laboral dos centros de traballo do Servizo Galego de Saúde. A administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada foi do 100%.
Nota de Prensa
COMUNICADO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE SOBRE DATOS DE SEGUIMENTO DA XORNADA DE FOLGA
O Servizo Galego de Saúde destaca que a folga convocada polas organizacións sindicais CIG e SAE foi secundada por un 3,03% de todo o persoal estatutario, funcionario e laboral dos centros de traballo do Servizo Galego de Saúde. A administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada foi do 100%.
No ámbito provincial o seguimento foi do 3,64% na provincia da Coruña, do 1,71% na de Lugo, do 2,52% na de Ourense, e do 2,96% na provincia de Pontevedra.
Os criterios para fixar os servizos mínimos son os mesmos que en convocatorias anteriores comparables á presente, cumprindo así o dobre obxectivo de garantir a asistencia sanitaria esencial e de procurar o acordo co comité por ter sido aceptados con anterioridade.