Site icon Crónica3.com A Mariña

Buril organiza en Burela o paso de ano “pola hora galega”, á unha pola “hora española”

BURELA .- O colectivo cultural Buril, de Burela, organiza un ano máis unha festa para para celebrar o paso de ano pola hora galega. A festa de fin de ano será  às 00:00 horas (01h00, hora española) no pub Penta de Burela, na rúa Marques de Sargadelos. Haberá uvas para as persoas asistentes. Con esta iniciativa Buril quere “cuestionar, dunha forma lúdica cal é a hora que deberíamos ter na Galiza, se a actual hora peninsular española ou a hora do fuso horario ao que pertence xeográficamente a Galiza (GMT=0), como acontece nas Illas británicas, Portugal, Illas Canarias”.

Nota de Prensa

O Colectivo Cultural Buril organiza mais un ano unha festa para para celebrar o paso de ano pola hora galega. A festa de fin de ano será no pub Penta de Burela, às 00:00 horas (01h00, hora española), onde se proxectará um vídeo realizado para a ocasión. Haberá uvas para as persoas asistentes e tamén se poderán ouvir músicas en galego.

Queremos cuestionar, dunha forma lúdica cal é a hora que deberíamos ter na Galiza, se a actual hora peninsular española ou a hora do fuso horario ao que pertence xeográficamente a Galiza (GMT=0), como acontece nas Illas británicas, Portugal, Illas Canarias…

Convidamos a todas as persoas que queiran celebrar o Fin de Ano polo hora galega e aproveitamos para desexar un feliz e próspero ano 2010 a todos os burelaos e burelás, xente da Mariña e de todo o País.

Queres celebrar a passagem de ano pola nossa hora? Vem à festa de fim de ano que Organiza o Colectivo Cultural Buril, a noite do dia 31, por volta das 23h45 (00h45 hora espanhola), no pub Penta de Burela. Seram retransmitidas as badaladas ao vivo desde um lugar surpresa. A seguir haverá música em galego e festa rachada até que os corpos aguantem.

E tu, vas ficar em casa? Vem celebrar o Fim de Ano pola hora galega connosco!

O Buril deséja-vos um feliz ano 2010!

Exit mobile version