O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anuncia que con cargo ao Plan E-2010 estudan a posibilidade de instalar unha antena que dea servizo wifi a todos os veciños. O rexedor explicou que “estamos a contactar con empresas especialistas para ter todos os datos e os pasos que temos que dar o antes posible”.