BARREIROS (FNC) .- O Concello recollerá ata o 31 de decembro todos aqueles xoguetes que moitos nenos xa non empregan para que os Reis Magos llelos poidan entregar a outros rapaces cuxas familias están a atravesar por un mal momento económico. A campaña que organiza un ano máis o Concello de Barreiros denomínase Un neno, un xoguete.
O alcalde, Alfonso Fuente, fixo un chamamento “a toda a xente que ten xoguetes que os seus nenos xa non utilizan, que están en bó estado, e que non sexan bélicos, para que si queren aportalos ao Concello, os traigan aos nosos Servizos Sociais. Aquí os recolleremos e serán entregados a aquelas familias que pasan por un momento económico malo e nos parece que eso non debe ser motivo para que os nenos neste nadal queden sen xoguetes, e sen esa ilusión que lles fai que os Reis Magos lles entreguen esas cousas que os fan tan felices”.
A data para facer entrega dos xoguetes é o 31 de decembro e para solicitalos por parte desas familias máis necesitadas tamén é o mesmo 31. Despois o 5 de xaneiros os Reis Magos farán entrega deses presentes a todos os nenos dos concello.
A campaña Un neno, un xoguete foi presentada esta mañá polo alcalde, Alfonso Fuente, a concelleira de Servizos Sociais, Alina Rodríguez, e pola traballadora social do Concello de Barreiros.