Nota de Prensa
O BNG DENUNCIA O ESTADO LAMENTABLE DA ESTRADA DA COSTA EN VARIOS TRAMOS AO SEU PASO POR FOZ
Basanta dille ao Ministerio de Fomento “que hai moita indignación na cidadanía e que os mariñáns non somos cidadáns de segunda”
Dado o pouco coidado que o Ministerio de Fomento pon no mantemento destas vías, o BNG ten que recordarlle que “os mariñáns non somos cidadáns de segunda aínda que pensen o contrario” porque esto ven repetíndose en moitos tramos das nosas estradas, a maioría con mala iluminación e mal conservadas. De nada serve todo o gasto que se fai nas campañas publicitarias para a prevención de accidentes cando as infraestructuras viarias non están suficientemente preparadas para circular con seguridade.
Para os nacionalistas o mantemento e a conservación das estradas son algo imprescindible para a seguridade viaria, cousa que non ocorre, co que os conductores da Mariña teñen un plus de risco ao circular por estas estradas de titularidade estatal. Hai que dicir que esta estrada é aínda a vía principal de tránsito da Mariña e polo tanto a que deberían coidar máis. É imperdoable contemplar como esta situación sufrímola os mariñáns desde sempre a pesares do perigo que conleva e vemos como o organismo estatal non actúa e parece esperar a que ocorra algunha desgracia para facelo, como xa ten pasado noutras ocasións.
Por todo esto, desde o BNG enviouselle un escrito á Demarcación de Estradas do Estado esixindo a reparación inmediata desta estrada nos tramos referidos así como o repaso do pintado de todos os tramos, aínda que esperamos que antes de recibilo, Fomento tome nota desta denuncia pública e estea xa solucionado.