Site icon Crónica3.com A Mariña

As representacións teatrais destacan na actividades de Nadal do concello do Valadouro

VALADOURO .- Durante este Nadal, o concello do Valadouro ofertou actividades para o tempo de vagar, destinadas aos máis pequenos e ao maiores. Organizáronse obradoiros, brincadeiras, inchables e representacións teatrais.

NOTA DE PRENSA

Continuan as actividades no Concello de O Valadouro por mor das datas de Nadal nas que atopamos inmersos. Así deste xeito, polas tardes todos os nenos do concello poden disfrutar de talleres, xogos, gincanas, búsqueda de tesouro… etc… todas as tardes desde o pasado 23 de Nadal ata o vindeiro 5 de Xaneiro que se van a dar por clausuradas as actividades de Nadal. O horario é para todos os días de 16:00 a 19:00 agás o vindeiro 31 que será unha horiña máis cedo. Comezarán ás 15:00 e rematarán ás 18:00 horas. O día de aninovo e o domingo días 3 non haberá activiades.

Tamén do mesmo xeito, o pasado domingo celebrouse a reposición da obra do grupo de teatro Raiolas de Alfoz “A loteria” que como de costume voltou a marcar case un repleto no salón de actos de Ferreira. Esta obra reposicionouse outra vez por mor da gran cantidade de público que quedou sen poder vela durante a pasada XXIV edición da Semana do Teatro aficionado de Ferreira xa que as plazas habilitadas se quedaran escasas para a cantidade de público que aquel se achegara ata Ferreira.

A seguinte cita vai a ser o vindeiro sábado día 2 de Xaneiro de 2010 ás 19:30 horas onde Pepe Peinó estrea a súa última película no salón de actos da casa da cultura de Ferreira “A encrucillada” na que actúan persoaxes de Valadouro, Alfoz e Foz e ata profesionais da talla de Manuel Lourenzo ou o compositor da banda sonora Jorge Olivera…

A cita, o 2 de xaneiro ás 19:30 no salón de actos de Ferreira.

Sinopse: “As encrucilladas son cruces de camiños nos que, inevitablemente, debemos tomar unha elección sobre cal será o noso destino futuro. Pero nesta encrucillada as cousas son distintas: non só podemos seguir por un novo camiño do noso destino, senón que podemos, incluso, desandar o andado, volver ó pasado e cambiar os pasos equivocados que demos. Diso trata a película: de recuperar a felicidade que perdemos no pasado, e de recuperala dunha forma inesperada”.

Exit mobile version