NOTA DE PRENSA
Os populares celebran mañá unha asamblea de afiliados.
Valorarán o traballo efecutado no presente ano.
As eleccións municipais, obxectivo do traballo do próximo ano e medio.
O Partido Popular de Burela celebra mañán, martes, ás oito de tarde, na antigua biblioteca de Burela, unha asamblea de afiliados e simpatizantes para facer unha valoración do traballo efectuado tanto polo grupo municipal como polo propio partido no ano que está a rematar, e sentar as bases do traballo político para dous mil dez, de cara xa ás eleccións municipais de maio de dous mil once.
Os portavoces do comité local, Raquel Río e Bruno Pedre, indicaron que esas duas serán as cuestións preferentes a tratar na asamblea de mañán dos populares de Burela, pero non as únicas. Rio e Pedre indicaron que se explicará o desenvolvemento que está a ter a organización do partido por barrios, e tamén se fará unha especial valoración das relacións do PP local coa Xunta de Galicia.
Ademais, farase un estúdio pormenorizado da situación política actual a nível municipal, que o PP non dubida en calificar como “o desgoberno dos perdedores, carente de proxectos, e que se limita a xestionar o Plan E de Zapatero, a xenerar deuda, e a crearlle problemas á xente onde non os había a través de falsas espectativas”.
Río e Pedre indicaron que o Grupo Municipal do PP é realmente quen dinamiza a vida municipal burelesa, dado que o fundamental das sesións plenarias vén derivado das mocións, rogos e preguntas que presenta o grupo maioritario da corporación, o PP.
O PP tén previsto reunirse nos próximos dias coa S. D. Burela, Sociedade Cultural Ledicia e Colectivo Buril.