Site icon Crónica3.com A Mariña

Ardora Teatro interpretará a obra Estigmas na casa da cultura de San Ciprián

CERVO .- O grupo Ardora Teatro interpretará a obra Estigmas, orixinal de Francisco Piñeiro, na casa da cultura de San Ciprián. Ardora Teatro é un colectivo creado no ano 2007 por mulleres de San Ciprián, que dirixe Mari Paz Rodríguez Silva.

Nota de Prensa

A obra,  orixinal  de Francisco Piñeiro, mostrará no escenario o camiño da igualdade e do recoñecemento do protagonismo feminino como unha das pedras angulares da evolución social

ARDORA TEATRO INTERPRETARÁ ESTIGMAS NO AUDITORIO DA CASA DA CULTURA
DE SAN CIPRIÁN

•    A representación terá lugar o domingo 6 de decembro, Día  da Constitución, ás 19.00 horas.

Cervo,  30 de novembro de 2009.- Na xornada festiva do domingo 6 de decembro, hai unha cita  destacada co teatro, dentro da programación de Nadal que organiza o Concello de Cervo: O auditorio da Casa  da Cultura de San Ciprián acolle, a partir das 19.00 horas, a obra ESTIGMAS a cargo do grupo de teatro afeccionado  ARDORA.

Segundo explica a concelleira de Cultura, Chelo Gallego a representación, orixinal do mestre e escritor Francisco Piñeiro, mostrará no escenario unha apaixonante historia na que se subliña como unha das pedras angulares da evolución social o camiño da igualdade de xénero e do  recoñecemento do protagonismo feminino. A interpretación correrá a cargo de Adeli Fernández, Clara Rey, Josefa Núñez, Mª José López, Lidia Pernas, Sara Campo, Adela López e Mari Paz Rodríguez Silva.

TEATRO AFECCIONADO FEMININO

Ardora Teatro é un colectivo creado en 2007 por mulleres de San Ciprián  que baixo a dirección de Mari Paz Rodríguez Silva colleitou grandes éxitos nas  distintas representacións escénicas realizadas ata o momento: A criada xorda  e Desde o Porto a San Ciprián. ARDORA deben o seu nome á fosforescencia natural que na  noite desprende un grupo de peixes e que permitía aos mariñeiros de San Ciprián poder pescalos. Un  brillo colectivo onde, todos os  peixes contan pero ningún é imprescindible.

Exit mobile version