Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP “o próximo comezo das obras da gardería” en Burela

NOTA DE PRENSA

González Barcia anuncia o próximo comenzo das obras da gardería.

Foron adxudicadas definitivamente en  cento sete mil  cincocentos euros.

Barcia lembra que a Xunta bipartita puxo “innumerables pegas para non abrir a ampliación da gardería”.

O portavoz do GMPP de Burela, José  María González Barcia,  manifestou hoxe, a través dunha  nota de prensa, que as obras de  reparación e substitución da cuberta da escola infantil de Burela foron adxudicadas definitivamente polo Consorcio de Servicios Sociais da Xunta de Galicia o pasado día un de Decembro, á empresa OMODIS.

Barcia indicou que as obras foron adxudicadas en 107.550’00€, cáseque dezaoito millóns de pesetas, e teñen  un  prazo de execución de un mes desde que comencen. Nestes momemtos estase a determinar coa empresa o comenzo das obras e en todo caso tratarase de ocasionar as mínimas molestias no funcionamento da escola infantil, garantindo a seguridade das nenas e dos nenos e do propio persoal da escola. De feito, na vindeira semana a Escola Infantil convocará ós pais e nais para explicar os pasos que se darán.

O portavoz dos populares indicou que este foi outro asunto que o PP se propuxo resolver con celeridade desde a chegada á Xunta de Núñez Feijoo. Pero lembrou que houbo que facer un novo proxecto, xa que antes só se pretendía facer unha reparación. Por eso cremos que valeu a pena sufrir este retraso de catro meses, e que os pais e nais saberán comprendelo.

Tampouco deixou Barcia de asegurar que o PP de Burela puxo todo o seu empeño nesta obra. Barcia lembrou que foi o PP quen fixo a gardería e foi o PP quen fixo a ampliación, por certo, coa oposición de outros ó sistema de financiación da obra.  Pero foron as nais e os pais os que tiveron que sufrir e aguantar a prepotencia e o desvarío duns gobernantes da Xunta bipartita que non querían abrir a ampliación da gardería por motivos claramente políticos e torpedeando continuamente o traballo do concello do PP, co silencio cómplice de quen hoxe ainda non foi capaz de arbitrar fórmulas para pagar as axudas dos corenta euros de principio de curso.

O portavoz popular asegurou que este é un paso máis na demostración de que en nove meses fixo máis a Xunta de Feijoo por Burela ca Xunta bipartita en catro anos.

Exit mobile version