NOTA DE PRENSA
González Barcia anuncia a adxudicación provisional das obras do campo de fútbol artificial da Marosa
Lembra que o primeiro paso de uno o goberno municipal do PP en Marzo de 2007.
Considera que as obras poden comenzar a principios de ano.
O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, anunciou hoxe que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia vén de adxudicar, con carácter provisional, as obras do campo de fútbol artificial da Marosa. O investimento total previsto supera os seiscentos trinta mil euros.
Barcia afirmou que a adxudicación definitiva terá lugar antes do Nadal, de non haber ningún tipo de atranco administrativo, cumplindo todos os prazos que a Lei de Contratos marca, e que as obras poden comenzar xa en Xaneiro, logo do paréntesis vacacional.
O portavoz dos populares considera que esta é unha boa noticia, que confirma que o PP e a Xunta de Feijoo cumplen os seus compromisos. Barcia lembrou que o primeiro paso, pedindo unha subvención para a realización das obras, deuno precisamente o PP desde o goberno municipal de Burela en Marzo de 2007.
Segundo José María González Barcia, esta actuación vai permitir unha mellora considerable das instalacións da Marosa, e favorecerá de forma clara a práctica do deporte base.
O portavoz dos populares mantivo hoxe pola mañán conversas coa Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Raquel Arias, e co Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, para solicitarlles que as obras, respectando os prazos legais, se inicien canto antes, dado que sería bón que as novas instalacións puideran usarse desde o comenzo da temporada 2010-2011.
González Barcia dixo que esta obra foi en 2007 un compromiso do goberno municipal do PP, compromiso que se renovou logo de que o PP gañase as eleccións autonómicas de Marzo do presente ano. Barcia mantivo dúas reunións no seu día co Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, sobre este asunto, do que tamén era coñecedera a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.
Barcia afirmou que mentres outros, que se esqueceron desta obra desde as eleccións autonómica e non son capaces de presentar proxectos importantes para investir os cartos do plano E, ou ainda non saben como pagar as axudas dos corenta euros de comenzo de curso, mentres, o PP de Burela xestiona e traballa polos cidadáns deste concello e cumple os seus compromisos.