Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis do 80 por cen do persoal do SERGAS foi a folga, asegrua CIG-Saúde

SANTIAGO .- CIG-SAÚDE valora positivamente a participación das/os traballadoras/es na folga convocada no día 16 de decembro de 2009. A participación nesta folga pódese cifrar en que foi secundada por máis do 80% do persoal do SERGAS; asemade, os motivos que levaron á convocatoria de FOLGA son compartidos polo 100% das/os traballadoras/es.

Non imos entrar nunha guerra de cifras cos datos que facilita a Admón, pero si queremos subliñar que o SERGAS tentou minimizar a participación na folga declarando uns servizos mínimos abusivos; nalgún caso os servizos mínimos decretados foron superiores ao número de traballadoras/es que compoñen o cadro de persoal; é curioso que se reforcen os cadros de persoal un día de folga, ou que se contabilicen as peonadas como actividade ordinaria. Os servizos mínimos foron do 100% ou superiores.

Para a CIG-Saúde están atinxidos os obxectivos de denuncia que motivaron a convocatoria de folga; as/os traballadoras/es rexeitaron a política de desprestixio que esta Admón pretende facer da sanidade pública e dos seus profesionais. Reiteramos da Admón o cumprimento íntegro dos acordos asinados.

Desde a CIG-Saúde non nos conformamos con que o SERGAS diga que vai publicar un novo calendario de aplicación dos acordos retributivos; que vai suceder co resto de temas pendentes?:

o Quen nos vai devolver as retribucións, que por dereito nos pertencen e que deixamos de percibir ?
o Que pasa co Plano Mellora e co Plano de Saúde Mental: Solicitamos a cobertura total das prazas de nova creación que contiñan os devanditos planos ?
o Que pasa coas melloras asistencias que conteñen os ditos planos e que agora esta Admón pretende facer desaparecer como se nunca existiran ?
o Que pasa co recorte orzamentario e coa privatización da sanidade publica?

Desde CIG-SAÚDE, co apoio das/os traballadoras/e e o apoio da poboación, seguiremos loitando para recuperar o que esta Admón pretende facer desaparecer, non pararemos até conseguir manter a sanidade pública que por dereito nos corresponde.

Exit mobile version