Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta xustifica o atraso da “vía de altas prestacións da costa do norte” Ferrol San Cibrao

SANTIAGO .- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas asegura que remitiu aos alcaldes da Mariña e Ortegal os documentos que demostran que o anterior goberno da Xunta paralizou a vía de altas Prestacións da costa do norte e explica que “ao longo dos anos 2006 e 2007 os proxectos de todos os treitos foron modificados, o que implicou continuos atrasos”.

REFERENCIA

Fronte á ausencia de compromisos concretos do Plan Director de Estradas, o Plan MOVE concreta datas de posta en servizo reais e viables
A Xunta remite aos alcaldes da Mariña e Ortegal os documentos que demostran que o Goberno anterior paralizou a VAP da Costa do Norte

*
A directora xeral de Infraestruturas recorda que o actual Goberno da Xunta tivo que acomodar a planificación á realidade existente, tomando como punto de partida o estado de tramitación no que se atopaban os proxectos dos distintos treitos
*
Destaca que o 67% da VAP da Costa Norte estará en servizo ou en obras no ano 2013, logo dunha lexislatura enteira na que só se avanzou en 17 quilómetros dos 85 que ten a infraestrutura

Santiago, 17 de decembro de 2009.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xa remitiu aos alcaldes da Mariña e Ortegal os documentos que demostran que o Goberno anterior paralizou a Vía de Altas Prestacións da Costa do Norte. De feito, ao longo dos anos 2006 e 2007 os proxectos de todos os treitos foron modificados, o que implicou continuos atrasos ao ser algúns deles (como por exemplo o treito de San Sadurniño- Campo do Hospital) sometido novamente a información pública.osteriormente, en 2008 tamén se produciu a paralización de tres proxectos construtivos de tres tramos desta vía. Esta paralización afectou a máis de 40 quilómetros, dos que 20 corresponde ao treito que discorre entre San Sadurniño e o Campo do Hospital -contrato suspendido dende agosto de 2008-; un total de 8 quilómetros do tramo Campo do Hospital-AC-101; e 12,5 quilómetros do tramo que vai dende Os Ramos ata Covas -contrato suspendido dende novembro de 2008-.

Así o manifestou esta mañá a directora xeral de Infraestruturas, Isabel Vila, que compareceu na Comisión 2ª, de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, quen afirmou que fronte á ausencia de compromisos concretos do Plan Director de Estradas, o Plan MOVE concreta datas de posta en servizo reais e viables.

O responsable da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, convocou unha reunión na que participaron representantes de todos os concellos da provincia da Coruña e Lugo polos que pasa esta infraestrutura de gran relevancia para a zona norte de Galicia: Ortigueira, Neda, Narón, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cariño, Mañón, O Vicedo, Viveiro e Xove. Nese encontro manifestoulles que a pretensión é a de actuar con transparencia, rigor e verdade e recalcoulles que o Goberno galego tivo que acomodar a planificación desta vía de alta capacidade ao estado existente na tramitación dos proxectos que deixaron feito os responsables do Goberno bipartito. Vila Barbosa recalcou que o punto de partida foi o estado de tramitación na que se atopaban os proxectos dos distintos treitos.

De tal modo –avanzou- o tramo que estaba en execución na provincia da Coruña, variante de Ortigueira (conexión AC-101-Espasante) en na de Lugo, Celeiro-San Cibrao, -posto en marcha por esta Consellería e que acaba de dar comezo a execución da obra-, seguirán desenvolvéndose de acordo co previsto nos contratos firmados.

O 67% da VAP en servizo en 2013
A directora de Infraestruturas destacou que o 67% da VAP da Costa norte estará en servizo ou en obras no ano 2013, porcentaxe que se elevará ao 80% en 2014. Lembrou ademais que a Xunta de Galicia incrementou nun 16% os recursos financeiros para a Vía de Altas Prestacións da Costa Norte entre Ferrol e San Cibrao, respecto da cifra de 2009.

Goberno galego tan só levaba certificado 1,5 millóns de euros dos 16,9 consignados dende o ano 2006 para a VAP do Norte (10 millóns para os tramos da provincia da Coruña e 6,9 para os da provincia de Lugo), é dicir, o 9% dos orzamentos totais, o que vén a demostrar que nese tempo practicamente non se avanzou na tramitación desta infraestrutura.

Exit mobile version